Xornalismo e ciencia cómo asegurar a percepción científica do viaxeiro

Autoras/es

  • Luis Álvarez Pousa

Resumo

A ciencia moderna caracterízase por unha crecente especialización en múltiples e complexos saberes que, se ben por unha parte afectan as nosas vidas diarias de forma cada vez máis tanxible e directa, pola outra non atopan unha vía de comunicación doada cos cidadáns. Os distintos colectivos sociais demandan por iso información verídica que lles traduza o alcance e as consecuencias dos feitos e dos descubrimentos científicos. Este labor de mediación entre ciencia e cidadanía recae, en boa medida, sobre os medios de comunicación, que deben renunciar á ilusión de presenta-la realidade como nun espello, para tomar partido pola interpretación veraz e fundada dos feitos. O xornalismos científico será o encargado de socializa-los avances da ciencia, actuando ó mesmo tempo como antídoto contra os efectos malsáns da super-especialización de aquela. O xornalismo científico será non só unha ponte entre ciencia e cidadán, senón sobre todo un instrumento da sociedade para controla-la ciencia e os usos que os gobernos lle dan.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-02

Número

Sección

Tradución, lingua e ciencia. IV Simposio galego de tradución. Vigo, 2000