Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A enerxía eólica mariña: potencial e interese na Galiza

Ramón Varela Díaz

  • Galiza é excedentaria en electricidade e incluso co peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes seguirá tendo necesidade de exportala. A enerxía eólica terrestre, da que somos segundos produtores do Estado, trouxo notables impactos e problemas asociados, hoxe agudizados coa intensificación e construción dos novos parques eólicos. Todo apunta a que a eólica flotante en alta mar pode ser unha alternativa á eólica terrestre sempre que cumpra varias condicións ecolóxicas, económicas e sociais, entre elas, cotizar no país, dar maior emprego, máis beneficios económicos para a poboación así como potenciar a industria naval local e a industria anexa relacionada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus