Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Uso dunha ferramenta de traballo cooperativo para incorporara perspectiva de xénero na materia de grao Enfermaría Comunitaria

Carla Freijomil Vázquez, María Jesús Movilla Fernández, Carmen Coronado

  • Introdución: O nivel de saúde dos individuos e as comunidades está condicionado polo medio ambiente que inclúe determinantes sociais como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a equidade (OMS). En política de xénero, esta organización indica que a integración das perspectivas de xénero na acción sanitaria obedece a un criterio xusto de saúde pública.

    Obxectivo: Avaliar o impacto na aprendizaxe e a satisfacción do estudantado dunha materia de segundo curso de Grao en Enfermaría, Enfermaría Comunitaria I, tras a incorporación da perspectiva de xénero e as desigualdades sociais en saúde.

    Metodoloxía: Desenvolvéronse tres talleres de docencia interactiva en grupos de 20 estudantes, de hora e media de duración. Realizáronse lecturas (que incorporaban a perspectiva de xénero e as desigualdades sociais en saúde comunitaria) e dinámicas de debate. Para avaliar o impacto na aprendizaxe do noso estudantado utilizáronse dous cuestionarios con preguntas abertas, un previo á primeira sesión e outro ao final da última; para avaliar a satisfacción empregouse un cuestionario de trece preguntas pechadas de tipo Likert. Os datos analizáronse mediante metodoloxía descritiva cuantitativa-cualitativa (Hernández-Sampieri & Mendoza Torres, 2018).

    Conclusións: Comprobamos a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero ao pensamento crítico nos problemas de saúde da comunidade. A meirande parte do alumnado constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta maneira nos problemas de saúde de mulleres e homes, non só os factores biolóxicos senón tamén os relacionados co estilo de vida e as diferenzas no acceso e uso dos servizos do sistema sanitario.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus