Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Micro Flip Teaching na materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao de Enfermaría

Carla Freijomil Vázquez, María Jesús Movilla Fernández

  • Deséñase un Proxecto de Innovación Docente para o bloque de investigación cualitativa (2 ECTS) da materia “Bases para a interpretación do coñecemento científico” de 1º de Grao en Enfermaría, que establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o alumnado para ser consumidor crítico de información científica no ámbito das Ciencias da Saúde. A técnica empregada será o Micro Flip Teaching.

    Obxectivos da proposta:

    • Aumentar o protagonismo e a participación do estudantado na aula.

    • Incrementar a interacción e cooperación entre alumnos/as.

    Traballo na casa:

    Asistencia á sesión maxistral desde casa.

    Estarán dispoñibles en Moodle vídeos gravados polo profesorado unha semana antes das clases presenciais. Cada vídeo, de 10 minutos, abordará un tema de forma gráfica e clara.

    Para asegurar a asistencia en liña, activaranse dúas actividades de carácter obrigatorio: un foro para que cada alumno/a redacte un comentario coas súas reflexións/dúbidas e un cuestionario para comprobar que comprendeu o contido.

    Traballo presencial:

    Contarase con 7 clases de 1 h coa totalidade do alumnado (60 persoas), e 3 seminarios de 1 h (grupos medianos de 20 persoas) despois de cada sesión conxunta.

    Organización:

    • 1 h coa totalidade do alumnado: Debate tendo en conta o resultado dos cuestionarios e os comentarios do foro. Isto facilitará a nivelación de coñecementos.

    • 3 seminarios de 1 h: 20 persoas en cada seminario organizadas en 4 grupos, que traballarán en actividades relacionados con cada tema, obtendo finalmente un proxecto de investigación, que será presentado oralmente durante o último seminario e avaliado (30% da nota final)


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus