Noelia Darriba García, Iria García Martínez
O obradoiro consiste en dar a coñecer a metodoloxía que emprega AtalaiA Social nos proxectos que leva a cabo dentro das aulas en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. A metodoloxía é, principalmente, vivencial, activa e participativa. Os exemplos están relacionados coa vivencia e para iso empréganse técnicas do teatro da oprimida (equilibrio entre o lúdico e o pedagóxico), construíndo un espazo onde a interacción sexa global e xeradora dun crecemento da persoa dentro dun contexto de grupo. A improvisación, como técnica teatral, permite traballar sobre as súas ideas e coñecementos previos, abordando comentarios e facilitando unha comunicación espontánea e inclusiva.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados