Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A incorporación de educadoras e educadores sociais aos centros escolares: revisión bibliográfica e proposta de desenvolvemento na realidade galega

Raquel López Fernández

  • Moitos autores e autoras concordan en que o sistema escolar está inmerso nunha “crise” debido, entre outras cuestións, á dobre lectura que se fai das súas funcións. Por unha banda, a escola semella ter perdido lexitimidade porque hai outras entidades ou axentes educativos que gañan terreo, mais, por outra banda, a sociedade segue a demandar que sexa a escola a que solvente problemas sociais, recargándoa de funcións e responsabilidades. Neste senso, a inclusión de novas figuras profesionais non poden máis que redundar nunha mellora da calidade escolar mais sendo conscientes de que a mera inclusión de novos perfís profesionais solventará moitos dos problemas da escola, pois é preciso un cambio ideolóxico sobre qué debe ser a escola e qué funcións debe acometer. Os exemplos das Comunidades Autónomas de Extremadura, Castilla – La Mancha e Andalucía deben servir como modelo mais adaptándoas á realidade galega e sabendo aprender dos erros ou disfuncionalidades que se aprecien na práctica diaria das profesionais da Educación Social nestas Comunidades. A través da presente comunicación tratarase de ofrecer unha panorámica do escrito ata o momento e unha proposta de desenvolvemento da incorporación das educadoras e educadores sociais en Galiza. Deste xeito, nunha primeira parte ofrecerase unha revisión bibliográfica atendendo a catro criterios: sobre a integración de educadoras e educadores sociais nas escolas, a organización deste novo profesional no centro e as súas posibles funcións. Esta revisión servirá de preludio para propor cómo se debería desenvolver este proceso de incorporación na realidade galega.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus