Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Vicente Viqueira López (1886-1924), un institucionista galego. Vínculos coa ILE e anos de formación

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

    2. [2] Universidad de Valladolid

      Universidad de Valladolid

      Valladolid, España

  • Localización: Cómaros: revista interdisciplinar de pensamento galego, ISSN-e 2529-9034, Vol. 3, Nº. 1-2, 2018
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste artigo imos aproximarnos á figura de Vicente Viqueira López,  o máis grande representante dos vínculos de Galiza coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) (Porto, 1986, 2005; Vázquez, 2012). Centramos o traballo na dimensión institucionista de Viqueira, a partir dos lazos familiares, do nacemento e da educación nos primeiros anos, dos seus contactos coa ILE e a formación en Europa a través da JAE (Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas).Aínda que non se pode obviar a referencia ás dimensións psicolóxica, filosófica, pedagóxica ou política do autor, xa abordadas anteriormente por outros investigadores (Torres, 1987; Regueira, 1992; Costa, 1996), así como a súa identificación lingüística e cultural co veciño Portugal, imos ocuparnos dos anos de formación de Viqueira, afín ao maxisterio de Francisco Giner de los Ríos.Dende o punto de vista documental, ademais do Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE), das Memorias da JAE e do Arquivo da Idade de Prata, consultamos o Fondo Giner de los Ríos na Biblioteca da Real Academia da Historia (B.R.A.H., Madrid), principalmente da correspondencia. Fundamental é tamén a documentación depositada na Fundación Penzol de Vigo e na Real Academia Galega da Coruña.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno