Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Debolismo: democracia radical e decrecemento

Brais González Arribas

  • O pensamento débil elaborado por Gianni Vattimo ao longo da súa prolífica obra, que se estende durante os últimos cincuenta anos, permite sentar as bases dunha crítica radical a dous dos piares básicos sobre os que se cimenta a nosa civilización: a democracia liberal e o capitalismo económico, a cal é aínda máis actual en tanto ambos hoxe se atopan nunha profunda crise e nun momento de re-avaliación. Neste artigo intentamos amosar non só os problemas internos que lles afectan, senón tamén a alternativa que se propón dende o debolismo, achegándoo a outras perspectivas críticas contemporáneas, como a teoría da democracia  desenvolta por Jacques Rancière, no eido da política, e a nova teoría do valor e o decrecentismo no da economía, cuestións que se ven enlazadas en tanto ambas apuntan, para ser consistentes, a unha reformulación da propia noción de ser humano tal e como foi entendida ao longo da tradición cultural occidental. 


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus