Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Rúbricas para avaliar: experiencia de aplicación en didáctica das ciencias experimentais

María Mercedes Álvarez Lires, Azucena Arias Correa, Mercedes Varela Losada, Francisco Javier Álvarez Lires, Uxío Pérez Rodríguez, José Francisco Serrallé Marzoa

  • O modelo subxacente ao EEES, socioconstrutivista, no que o alumnado constrúe e regula as súas propias aprendizaxes encamiñadas á consecución de competencias coa mediación do profesorado, esixe un cambio nas metodoloxías e por ende na avaliación. Son necesarios instrumentos de avaliación que axuden a identificar as dificultades do alumnado e as súas posibles causas para axudalo a superalas, e tamén se precisan instrumentos que contribúan a que aprenda a autoavaliarse e achar fórmulas para salvar os obstáculos, ou dificilmente aprenderá a aprender ao longo de toda a vida. Un deses instrumentos son as rúbricas. Esta investigación pon a énfase na importancia da avaliación reguladora para a aprendizaxe e exemplifica o uso das rúbricas como un instrumento de avaliación que permite a autorregulación e a realización dunha avaliación compartida co alumnado en didáctica das ciencias experimentais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus