Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O lugar dos traballadores máis vellos: Na mediatriz da idolatría da mocidade e dunha «nova esparta»

Eduardo Oliveira

  • O envellecemento da forza de traballo é unha realidade en moitos países occidentais. É neste contexto que ensaiamos un par de reflexións sobre este fenómeno, en concreto sobre as súas causas e as súas repercusións a nivel individual, grupal e organizativo.

    Revisamos iniciativas de xestión dunha man de obra avellentada. Entendemos que o reforzo da importancia de identidades sociais comúns a todos os traballadores dunha organización (por exemplo, a identidade profesional ou organizativa) pode contribuír en moito a mitigar os efectos indesexables das categorizacións estereotipadas con base na idade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus