Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Unha lectura restaurativa da fase de investigación do proceso penal de menores: especial referencia á mediación penal

Cristina Alonso Salgado

  • A mediación penal converteuse, nos últimos tempos, en protagonista de gran parte dos debates doutrinais sobre a necesidade de modernizar o sistema de Xustiza penal español.   Con todo, o certo é que a configuración do actual proceso presenta non poucas dificultades para a incorporación da mediación penal. E isto porque, entre outras cuestións, a súa estrutura mantén unha concepción decimonónica, polo debate principio de legalidade-oportunidade, etc. É por isto que resulta de especial interese o estudo da Lei Orgánica 5/2000, de 12 de xaneiro, Lei Orgánica de Responsabilidade Penal dos Menores, tendo en conta que, coa súa aposta por algúns postulados próximos á mediación, se rebaten algúns dos reparos habitualmente esgrimidos para censurar a posíbel incorporación xeneralizada da mediación no proceso penal de adultos.  


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus