Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O legado das mulleres na antigüidade clásica

Dorinda Mato Vázquez, Rocío Chao Fernández, Marta Camino Santos

  • O principal obxectivo deste artigo é mostrar unha panorámica xenérica das achegas das mulleres da Antigüidade no ámbito cultural, coa finalidade de detectar as posibles vinculacións no noso presente. Así, ao longo destas liñas intentaremos, por unha parte, analizar a grandes trazos as características da sociedade que lles tocou vivir ás mulleres das civilizacións antigas, e por outra parte rescatar algúns nomes e os seus logros máis salientables. Non en van, as súas achegas en diversos ámbitos: pintura, matemáticas astronomía, literatura, medicina, música, escultura, etc. foron fundamentais na construción do coñecemento actual. Ademais, a realidade histórica do pasado é a que nos fai comprender quen somos e onde estamos hoxe, e a que serve de precedente e referencia para os faceres das mulleres e dos homes do futuro.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus