Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Perífrases verbais con valor deóntico no discurso paremiolóxico: unha perspectiva diacrónica

  • Autores: Patricia Fernández Martín
  • Localización: Cadernos de fraseoloxía galega, ISSN 1698-7861, Nº. 16, 2014, págs. 61-92
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Verbal periphrasis with a deontic meaning in paroemiologic discourse: a diachronic overview
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo do traballo é afondar no estudo diacrónico das perífrases verbais máis comúns do castelán con valor deóntico (haber de + infinitivo, haber que + infinitivo, tener que + infinitivo, deber [de] + infinitivo e poder + infinitivo), empregando como base textual diversas recadádivas paremiolóxicas (Los refranes que dizen las viejas tras el fuego, atribuído ao Marqués de Santillana; o Vokabulario de Refranes i Frases Proverbiales i otras Formulas komunes de la lengua castellana de Correas e o Refranero Multilingüe do Instituto Cervantes). Para iso, nunha primeira fase ofrecemos as premisas metodolóxicas baseadas en tres pilares teóricos: a paremia como texto (corpus lingüístico), as perífrases deónticas como obxecto de estudo e a filosofía moral como ferramenta de análise taxonómica. Na segunda parte do artigo faise un estudo lingüístico das perífrases segundo o método da gramática histórica: primeiramente, ofrécense os datos pertinentes sobre cada unha das obras, dende unha perspectiva sincrónica; e, a continuación, estúdanse as relacións entre as paremias con perífrases dende unha perspectiva diacrónica. As principais conclusións resaltan a relevancia das paremias para coñecer en maior profundidade a historia da nosa lingua, entre outros motivos, porque estas constitúen un xénero textual que permite unha comparación diacrónica nos diversos estadios do idioma


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno