Catro son os períodos en que poden dividirse os estudos sobre A Coruña, vistos desde o prisma da arqueoloxía. Unha primeira fase abarcaría ate comezos do s. XX. Nela englóbanse as crónicas medievais, as referencias ós oríxines míticos da cidade e, sobre todo, os historiadores de finais do s. XIX, co estudo das primeiras estelas aparecidas na urbe. A segunda etapa iría desde comezos do s. XX ate o ano 1985. Nesta subdivisión asistiríamos ó proceso de desenrolo da arqueoloxía, co paso gradual da mera recolección de obxectos ás primeiras escavacións realizadas por J.Mª Luengo na rúa Real e que culmina coa intervención na praza de María Pita, con motivo da construcción dun aparcadoiro soterrado, que supón o lanzamento da arqueoloxía científica na cidade. Un terceiro estadio desenrolaríase entre o ano 1985 e a aprobación do PEPRI da Cidade Vella e Pescadería en 1998. Durante esta fase realízanse diversas escavacións, aproveitando a execución de obras públicas de iniciativa municipal. O Cuarto período abarca desde a aprobación do Plan Especial ate a actualidade. Desde a entrada en vigor deste Plan a intervención arqueolóxica faise obrigatoria, para toda obra que conleve movemento de terras, dentro do seu ámbito
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados