Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de As áreas metropolitanas no modelo territorial de Galicia

Alfonso Vegara Gómez, Gabriel Escobar Gómez

  • Arredor das cidades de Vigo e Pontevedra, no sur de Galicia, e da Coruña e Ferrol, no norte, deuse un proceso de desenvolvemento urbano que concentra a maior parte do crecemento demográfico e da actividade produtiva da Comunidade Autónoma. Configúranse así espazos en proceso de metropolitanización que precisan dunha concepción supramunicipal na súa ordenación e na concepción dos seus sistemas de infraestruturas e servizos para dotar de coherencia e eficacia estes espazos que están chamados a ter un protagonismo crecente no modelo territorial de Galicia. Formúlanse algunhas das iniciativas con maior potencial para articular estes ámbitos, propiciando a emerxencia de áreas urbanas de maior rango que son esenciais para a proxección exterior de Galicia, o seu desenvolvemento económico e a súa participación activa na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus