Co fin de abordar a problemática no ámbito do desenvolvemento dos municipios cubanos, a Redenerg (Rede Nacional de Xestión do Coñecemento en Enerxía) desenvolveu unha ferramenta de xestión do coñecemento denominada NOME (Nodos municipais de enerxía) que permite organizar o capital intelectual do municipio na temática enerxética, co obxectivo de apoiar os gobernos municipais na xestión dos problemas enerxéticos vinculados ao desenvolvemento local municipal. A experiencia da cración de NOME en catro municipios da rexión central do país (Jatibonico, Placetas, Fomento e Aguada de Pasajeros) permitiu identificar os problemas que dificultan a xestión enerxética local desde a perspectiva da xestión do coñecemento. O traballo expón a árbore dos problemas identificados nos municipios, a estratexia de traballo para abordar esta problemática, os resultados e as súas perspectivas no ámbito de xeneralización.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados