Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Enerxía eólica e Rede Natura 2000 en Galiza

Xabier Simón Fernández, Damián Copena Rodríguez

  • No actual contexto económico capitalista a problemática do cambio climático aparece como un dos principais problemas ambientais, facendo que nas derradeiras décadas a utilización de fontes enerxéticas renovábeis comece a xeralizarse. Neste contexto, a enerxía eólica aparece como unha importante alternativa aos combustíbeis fósiles. O noso país non ficou alleo a esta realidade, e nos últimos 15 anos a produción de enerxía eólica pasou de ser unha actividade case anecdótica, a converter a Galiza nunha potencia eólica europea e mesmo mundial. Este feito, apoiado polo marco regulador autonómico, supuxo a instalación de múltiples aeroxeradores ao longo de moitos dos cumios do territorio galego. Se, por unha parte, permiten producir electricidade que non contribúe ao cambio climático, por outra, segundo sexan os espazos que ocupan as instalacións dos parques eólicos, pode resultar agresiva ambientalmente. Neste artigo repásase brevemente o tratamente ambiental dos parques eólicos na normativa autonómica reguladora desas instalacións e faise un repaso dos seus principais impactos ambientais, facendo especial mención á afectación directa aos ecosistemas de interese ecolóxico e a espazos pertencentes á Rede Natura 2000.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus