Os nenos nacidos antes de termo constitúen unha poboación de potencial risco no seu desenvolvemento. O coñecemento da súa evolución pode ser de grande axuda para deseñar programas de actuación a diferentes niveis, tanto no eido da política de saúde e asistencial como nos programas de intervención concretos a desenvolver con estes nenos a fin de potenciar o seu desenvolvemento. A identificación das dificultades que presentan no seu desenvolvemento permitirá prestar unha axeitada atención as devanditas dificultades.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados