Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Linguas en contacto na bisbarra do Bierzo: castelán, astur-leonés e galego

Alberto Bautista

  • Na Comarca do Bierzo fálanse tres linguas, dúas delas linguas propias: o galego e o astur-leonés. Consecuencia do antigo contacto lingüístico son as numerosas interferencias e empréstimos que encontramos entre o galego e o astur-leonés. Estes préstamos, calcos e interferencias que se verifican nas diferentes variedades lingüísticas intensifícanse nas zonas onde se deseña a fronteira lingüística, o que se chama xeralmente «chapurreao».

    O astur-leonés na comarca do Bierzo, fálase principalmente nos vales de Ribas de Sil, Forniella e La Cabrera. O número de falantes pode andar entre os 2.500 e os 4.000. O dominio lingüístico astur-leonés atópase hoxe disperso na provincia de León, e só fican illas lingüísticas, restos do antigo dominio lingüístico principalmente nas montañas do norte da provincia e en La Cabrera.

    Aproximadamente o 50 % da poboación que habita na área do Bierzo de fala galega, falan o galego habitualmente. Na última reforma do estatuto da Comunidade Autónoma de Castilla y León incorporouse o recoñecemento do galego como lingua territorial, sen que até o de agora teña repercutido sensibelmente na recuperación da lingua. A situación do galego tamén é preocupante, porén hai algúns dados que nos permiten ser algo mais optimistas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus