Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O novo mercado europeo de dereitos de emisión e os seus efectos en Galiza

Miguel Rodríguez Méndez

  • O novo mercado europeo de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI) representa na actualidade o principal instrumento da política comunitaria contra o cambio climático.A súa creación é o resultado da ratificación do protocolo de Quioto pola Comisión Europea e os estados membros. O devandito protocolo establece o compromiso dos países industrializados para reducir as súas emisións de GEI no período 2008-2012 nun 5% a respecto das emisións realizadas en 1990, aínda que a distribución de esforzos non é uniforme. Así, por exemplo, establécese un esforzo de redución das emisións europeas do -8%, mentres que USA debería facelo nun -7% e Australia podería incrementar as súas emisións nun +8% durante o mesmo período.Os mercados de dereitos sobre bens públicos, xa sexan estes para a emisión de GEI ou ben cotas individuais de pesca, representan unha alternativa aos impostos ambientais, aínda que ambos instrumentos están baseados nos mesmos fundamentos económicos de mercado. As políticas �tradicionais� baseadas nun enfoque �mandato e control�, porén, non nos poden garantir que os obxectivos da política ambiental sexan acadados co mínimo custo para a sociedade. Existe pois un problema intrínseco das políticas�mandato e control� é que xeralmente non introducen incentivos para que empresas e fogares reduzan as súas emisións máis alá do límite establecido polo regulador


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus