Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Os escritores galegos e o marxismo (1930-1938). O caso Felipe Fernández Armesto

Xesús Alonso Montero

  • Despois dunha introducción sobre os escritores galegos e o marxismo (1930-1938), na que se fai referencia a dezasete autores, estúdiase "o caso Felipe Fernández Armesto", autor de páxinas decididamente precomunistas, publicadas en Nueva España (Madrid) xa en 1930, o ano no que Vicente Risco, en Berlín, escoita, atemoizado, as prédicas marxistas e rusófilas de Lois Tobío e Fernández Armesto, as deste moi afervoadas e contundente. Xa en colaboracións súas de El Pueblo Gallego (1928-1929) hai, aquí e alí, manifestacións de simpatía ou recoñecemento ás concepcións antiburguesas. Nestas datas (1929-1933) informa desde Alemaña con dúas plumas: a de Fernández Armesto, a radical, e de Augusto Assía, para burgueses, para os lectores de La Vanguardia de Barcelona. Son as datas nas que escribe unha especie de manifesto implacablemente antiburgués que publica no número 1 de Bolchevismo, a revista teórica do Partido Comunista de España (marzo de 1932): "La misión de la literatura proletaria revolucionaria en España". Vencellado Fernández Armesto á creación da Unión de Escritores proletarios-revolucionarios, execrou, por burguesa, a obra literaria de Pío Baroja. Foi no Ateneo de Madrid a comezos de 1933, e, desde esta data -recén chegado de Moscova do enterro da segunda muller de Stalin-, o nome de Fernández Armesto desparece das páxinas e das actividades marxistas. Recibido polo xeneral Mola en setembro de 1936, axiña a súa pluma vai quedar adscrita á sección de Prensa do Goberno franquista, como precisa o seu biógrafo C. Fernández Santander. Desde ese ano a hoxe abundan as páxinas non só antisoviéticas senón antimarxistas, algunhas co ardor propio dun converso.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus