Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Atención á diversidade na educación secundaria de Galicia: perfís do alumnado con baixo rendemento escolar e propostas de intervención psicoeducativa

  • Autores: Alfonso Barca Lozano
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN 1133-911X, Nº 45, 2005, págs. 49-84
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Hai poucas experiencias educativas de atención á diversidade no alumnado de baixo nivel de rendemento escolar na educación secundaria en Galicia. Neste traballo de investigación faise unha análise detallada dos máis característicos e principais perfís educacionais dos alumnos de educación secundaria con niveis baixos de rendemento escolar, referidos a aspectos educativos e relacionados cos recursos culturais e académicos dos alumnos nos seus fogares, así como coas interaccións familiares, a súa emocionalidade, o autoconcepto, os seus afectos, as súas metas académicas, as súas expectativas, habelencias cognitivas e os seus niveis de comprensión lectora. Ademais, faise un estudo concreto dos estilos e patróns atribucionais causais dos devanditos alumnos e os seus enfoques de aprendizaxe dominantes (motivos e estratexias). Por outra banda, faise tamén unha síntese das principais variables instrucionais do proceso de ensino/aprendizaxe e relacionadas coa actividade do profesorado na aula. Finalmente, elabóranse propostas concretas de intervención psicoeducativa de atención á diversidade con este alumnado de educación secundaria de Galicia con baixo nivel de rendemento académico.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno