Este artigo versa sobre a contribución das mulleres rurais como portadoras e preservadoras de patrimonio inmaterial. A súa participación en actividades artesanais, culinarias, agrícolas e de coidadoras da familia dan mostra do que teñen enriquecido a cultura e a tradición. Expresión orais, cantigas, refráns e ditos transmitidos por xeracións son patrimonio identitario con ritmos, retrancas e dobres sentidos en frases cortas, nos que se observa cinismo, romanticismo, advertencias ou leccións que só son interpretadas polos/as receptores/as sabedores/as da linguaxe rural galega. Cultura popular afastada das novas xeracións que é un recurso para fortalecer a identidade e traballar lingua e memoria.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados