Ponte...nas ondas! (PNO!) é unha asociación cultural e pedagóxica que, desde 1995, traballa por salvagardar o patrimonio cultural inmaterial (PCI) da Euro-Rexión galega portuguesa, creando para iso, unha rede de centros educativos e de institucións pedagóxicas e/ou culturais, nos que o PCI deste territorio poida ser experimentado, estudado e transmitido ás xeracións máis novas (González-Reboredo, 2016).Desde unha análise socioeducativa que ten como motivo, a incorporación e posta en valor do estudo do PCI nos sistemas educativos, perfilaremos as fórmulas en que, seguindo o Modelo PNO!, tal integración é posible.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados