María Carmen Yebra Biurrun, María Ramil Criado
A integración de ChatGPT na docencia non só busca mellorar a eficacia do ensino, e ser un asistente para alumnado senón tamén transformar a dinámica da aula e axudar na docencia ao profesorado, xa que pode servir, por exemplo, para xerar material educativo e deseñar avaliacións adaptadas ás necesidades específicas de cada estudante. Neste artigo explórase a incorporación da intelixencia artificial, especificamente a través da colaboración activa con ChatGPT, no ensino dos equilibrios químicos en disolución acuosa. Así, abórdase como pode axudar un chatbot como ChatGPT ao alumnado e ao profesorado no estudo/docencia desta temática básica no estudo da química. Para iso, preséntanse exemplos concretos de como o alumnado pode utilizar ChatGPT e como o profesorado pode usar esta ferramenta para deseñar actividades de aprendizaxe que estimulen o pensamento crítico e promovan a resolución de problemas no contexto dos equilibrios químicos en disolución acuosa. Ademais, tamén se tratan os posibles erros e deficiencias que se poden producir ao utilizar estas conversas dixitais. Ao final, reflexiónase sobre os inconvenientes, as implicacións éticas e prácticas de incorporar tecnoloxías emerxentes na aula como ChatGPT, subliñando a importancia de equilibrar a innovación coa efectividade pedagóxica. Esta colaboración “intelixente” representa un paso audaz cara ao futuro da educación, onde a tecnoloxía convértese nun aliado indispensable para potenciar a aprendizaxe e a comprensión no estudo de disciplinas científicas como a química.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados