Os traballos da vida: estudos sobre o mundo rural. Séculos XVI-XX

Coordinador/a
Dubert, Isidro
Sobrado, Hortensio
Este volume está formado por un conxunto de traballos que prestan atención ás diferentes facianas do mundo rural entre os séculos XVI e XX. Afrontan cuestións como o devir das institucións galegas que amosaron un temperán interese polo seu coñecemento científico, a relación que a xeografía e as paisaxes rurais teñen co hábitat e as formas de vida labregas ou as evolucións, mudanzas e permanencias dos sistemas agropecuarios e dos espazos agrarios en distintos lugares e fases da historia. Tamén, a forma, articulación e funcionamento das institucións de goberno no seo das comunidades rurais; as semellanzas e desemellanzas que amosou a fin do Antigo Réxime en países como Galicia e Cataluña; as formas que asumiu a explotación do territorio e as súas xentes pola Igrexa; as críticas feitas ao clero no seo da cultura popular; ou a imaxe do galego nos villancicos ibéricos no remate do Antigo Réxime. Un feixe de traballos, adicados a Pegerto Saavedra, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, que achegan unha imaxe vizosa do mundo rural ao longo da historia.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2023
Serie
500 Outras Publicacións
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/op.2023.1675
Dispoñibilidade
Si