A global perspective of the health systems and their relationship with the economy
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/30954
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A global perspective of the health systems and their relationship with the economy |
Autor/a: | Vilariño López, María del Carmen |
Dirección/Titoría: | Fernández Fernández, Melchor Carrascal Incera, André Pena Boquete, Yolanda |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica |
Palabras chave: | Health systems | outcomes | avoidable mortality | input-output analysis | production technology | |
Data: | 2023 |
Resumo: | A pandemia do COVID-19 foi a demostración definitiva da importancia crucial da saúde para a poboación mundial e a necesidade de contar con sistemas sanitarios eficientes que permitan garantir e mellorar a saúde da poboación. Tamén puxo de manifesto a importancia que pode chegar a ter a saúde na economía, tanto a nivel nacional como internacional. Estudar conxuntamente ambos os enfoques permite identificar as posibilidades de mellora do sistema e tamén coñecer as implicacións económicas de posibles medidas ou investimentos a realizar no sector. O noso obxectivo é contribuír a esta análise conxunta, achegando novos enfoques e resultados. Este estudo, desenvolve unha avaliación do desempeño para 75 países, calculando a mortalidade previble e tratable para todos eles. O cálculo realízase desagregando ambos tipos de mortalidade e obtéñense resultados detallados para 12 causas ou grupos de enfermidades diferentes. Tamén se identificaron diferentes clústers e subclústers de países en función desta distribución de mortalidade previble e tratable. Os resultados obtidos móstrannos unha importante heteroxeneidade entre países e tamén ofrecen información interesante desde o punto de vista do benchmarking, en canto ao deseño de políticas ou medidas relacionadas coa saúde a través da prevención e o tratamento. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/30954 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: