A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/29395
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico |
Autor/a: | Dopazo Entenza, José Manuel |
Dirección/Titoría: | Fernández Rei, Francisco Regueira Fernández, Xosé Luís |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Lingüística |
Palabras chave: | Variación lingüística | cambio lingüístico | tempo aparente | dialectoloxía | corpus oral | xénero | |
Data: | 2022 |
Resumo: | Neste traballo preséntase un conxunto de persoas xunguidas pola relación familiar coa Illa de Ons. Actualmente neste territorio tan só viven tres persoas, con todo, o corpus oral está formado polas persoas que naceron e desenvolveron a súa adolescencia e adultez en Ons (primeiro grupo de idade), as que naceron na illa e marcharon na infancia ás comarcas próximas (segundo grupo de idade) e, finalmente, as que xa naceron nos lugares de destino e tan só son descendentes (terceiro grupo de idade). A partir desta compilación de informantes, realizáronse as gravacións pertinentes, transcribíronse e procedeuse a traballar co material escrito. En primeiro lugar, extraéronse os datos relativos aos fenómenos lingüísticos de variación que se ían analizar. A continuación, mediante as probas estatísticas de Kruskal-Wallis e Mann-Whitman, identificáronse aquelas variábeis que influían no cambio lingüístico desta comunidade de fala: idade, xénero, nivel de estudos e lingua habitual. Finalmente, puxéronse todos estes resultados en relación co fin de explicar os motivos do cambio lingüístico subxacentes á variación apreciábel. |
Data de Embargo: | 2023-10-19 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/29395 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: