A presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/27420
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia |
Autor/a: | Pena Bascoy, Estefanía |
Dirección/Titoría: | Rodríguez Rodríguez, Jesús |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación |
Palabras chave: | Material didáctico | recursos educativos | libros de texto | dramatización | teatro | guía de avaliación | |
Data: | 2021 |
Resumo: | Esta tese presenta unha investigación que ten como obxectivo analizar a presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia. Para acadar dito propósito empregouse como instrumento unha guía de avaliación elaborada ad hoc e validada, implementada e dirixida a pescudar nos materiais didácticos da mostra a presenza da dramatización e do teatro a través de 10 dimensións de análise. Este instrumento aplicouse a unha mostra de 45 materiais didácticos do 2º e 3º nivel do ensino primario mediante a metodoloxía de análise de contido. Como resultado conclúese que a dramatización e o teatro teñen escasa presenza nos materiais didácticos analizados, sendo máis frecuente a súa aparición nos materiais de Lingua galega e literatura e Lengua castellana y literatura. Nestes materiais didácticos a dramatización e o teatro adoitan manifestarse como elementos encamiñados ás actividades de lectoescritura, con referencias claras á literatura dramática ou suxestións de lecturas dramatizadas. Nos materias didácticos de ciencias a presenza é nula ou anecdótica. Estes resultados poñen de manifesto a necesidade de poñer en valor o emprego da dramatización e do teatro no ensino a través dos materiais didácticos dados os beneficios que a súa práctica comporta para o desenvolvemento íntegro do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/27420 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: