Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/16196
Título: | Busca de variantes raras en xenes asociados á esquizofrenia
|
Autor/a: | Suárez Rama, José Javier
|
Dirección/Titoría: | Carracedo Álvarez, Ángel (dir.)
Costas Costas, Javier
|
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Medicina e Odontoloxía Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría
|
Palabras chave: | DISC1 | Variantes raras | Interactoma de DISC1 | NRXN1 | |
Data: | 2017
|
Resumo: | A esquizofrenia é unha enfermidade multifactorial complexa xa que na súa aparición interveñen tanto factores ambientais como xenéticos. Esta tése toma de referencia a hipótese enfermidade común- variante rara que sostén que existen múltiples variantes pouco frecuentes na poboación, que teñen un risco asociado moderado e que estarían influíndo no desenvolvemento da esquizofrenia. Nesta tese tratabamos de buscar variantes raras funcionais en DISC1, un xene asociado á doenza, onde viamos que existía unha posible variante funcional asociada a enfermidade na rexión rexión 3´UTR do xene. A continuación estudabamos o papel das variantes comúns non sinónimas no interactoma de DISC1 atopando unha sobre-representación das proteínas que forman parte do interactoma de DISC1, sinalando a este conxunto de xenes como un factor a ter en conta no risco a padecer esquizofrenia. Noutro dos traballo, mediante a secuenciación de nova xeración estudabamos variantes raras cun efecto alto en 21 xenes pertencentes ó interactoma de DISC1 ou que previamente foran asociados á esquizofrenia mediante estudos de GWAS ou CNVs. Así atopabamos unha variante cunha significación nominal presente no xene AKAP9, ademais dunha asociación nominal nos xenes ZNF804A e NRXN1despois de levar a cabo unha análise de acumulación de variantes. Por último, secuenciabamos NRXN1 no total da mostra e levabamos acabo unha meta-análise confirmando un exceso deste tipo de variantes en controis. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/16196
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|