A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14740
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963 |
Autor/a: | Villanueva Gesteira, María Dolores |
Dirección/Titoría: | Monteagudo Romero, Xosé Henrique |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega |
Palabras chave: | campo literario | criterio filolóxico | rede | complexidade | planificación cultural | Editorial Galaxia | |
Data: | 2016-05-13 |
Resumo: | En A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963 analízase a primeira etapa desta empresa editorial que se fundou en plena ditadura franquista e que chega ata a actualidade. O primeiro período iría dende a fundación ata 1963, un dos annus mirabilis da cultura galega, e tamén para Galaxia, coa reaparición de Grial, xa como revista trimestral, o que mostraba unha tímida liberalización do Réxime. Galaxia, como editorial, orientou a produción de textos e especialmente primou a aparición de xéneros que prestixiasen a lingua galega, fundamentalmente a narrativa e o ensaio. Dende a editora estableceuse unha estratexia consciente de planificación cultural para establecer un campo literario autónomo co que buscaban mostrar unha Galicia diferente e diferenciada. O interese fundamental era impoñer un discurso que recoñecese o campo literario galego e que tivese como criterio reitor o filolóxico, polo tanto buscábase identificar lingua e discurso literario. Nese momento as obras en galego formaban parte da literatura rexional do campo literario español, polo que entraron en conflito para reorganizar o espazo público. Galaxia durante este período foi quen de impoñer esta liña de pensamento, que culminaría coa aparición, en 1963, da Historia da literatura galega contemporánea de Carballo Calero, que, xunto coa entrada do investigador como profesor na Universidade de Santiago de Compostela dous anos despois, supón a canonización do criterio. Dende o paradigma da complexidade observamos a editorial Galaxia como unha rede e atendemos ás perturbacións que se producen dentro dela, pero tamén fóra. Así mesmo, analizamos as relacións entre elementos, porque o complexo ten máis que ver coa natureza das conexións que coa natureza dos elementos que interaccionan. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14740 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl