A formación do profesorado en educación intercultural. Avaliación e perspectivas de futuro en Galiza
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/3074
Título: | A formación do profesorado en educación intercultural. Avaliación e perspectivas de futuro en Galiza
|
Autor/a: | Cernadas Ríos, Francisco Xabier
|
Dirección/Titoría: | Santos Rego, Miguel Anxo (dir.)
Lorenzo Moledo, María del Mar
|
Palabras chave: | Ciencias da educación | |
Data: | 2011-06-23
|
Editor: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
|
Cita bibliográfica: | CERNADAS RÍOS, Francisco Xabier: «A formación do profesorado en educación intercultural. Avaliación e perspectivas de futuro en Galiza». Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011. ISBN 978-84-9887-614-7
|
Resumo: | Partindo da conveniencia de aproveitar a diversidade cultural aportada pola
presenza de alumnado inmigrante nas aulas -un dos retos de futuro máis importantes aos
que se enfronta o sistema educativo-, o traballo céntrase na necesidade de formación do
profesorado no eido da Educación Intercultural, a partir das opinións dos protagonistas:
profesoras e profesores de Educación Infantil e Primaria en Galiza.
O documento estrutúrase en dúas partes. Na primeira delas, preséntanse as bases
teóricas que proporcionan a fundamentación estratéxica ao posterior estudo empírico, que
constitúe a segunda parte. A investigación céntrase na análise dos resultados da
aplicación de senllos enquéritos a cadansúa mostras de profesorado e centros educativos
de Galiza.Trátase, en síntese, dun estudo dirixido a descubrir o imaxinario e calibrar o compoñente actitudinal do profesorado galego a propósito da teoría e práctica da
Educación Intercultural en Galiza. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/3074
|
ISBN: | 978-84-9887-614-7
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|