Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14698
Título: | O léxico literario de Ánxel Fole
|
Autor/a: | Ares Vázquez, María Carme
|
Dirección/Titoría: | Fernández Rei, Francisco (dir.)
|
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega. Programa de doutoramento Lingüística galega
|
Palabras chave: | Acepción | categoría gramatical | sublema | definición | entrada | exemplo | fraseoloxía | unidade pluriverbal | léxico | lexicografía | |
Data: | 2016-04-28
|
Resumo: | Neste estudo elaboramos un traballo de lexicografía práctica documentado na obra literaria de Ánxel Fole, autor ben significativo no panorama da literatura galega. Conforman a base documental 5 obras publicadas entre 1953 e 1981 que nos permiten elaborar un Glosario de 7.876 termos para os que establecemos como principio de clasificación a orde alfabética, ó igual ca nun Dicionario xeral de uso. Trátase dun estudo de léxico documentado, cun sistema de análise que describrimos nas páxinas que preceden o Glosario. As diversas palabras léxicas e gramaticais rexistradas lematízanse baixo a forma correspondente, inclúen a súa caracterización gramatical, as distintas acepcións e unha cita ou exemplo que ilustra o significado e o uso que o autor lles dá. A continuación, nos casos que se documentan, figuran as unidades fraseolóxicas.
É un traballo descritivo, mais o enfoque normativo está igualmente presente. Consideramos que o enfoque descritivo e normativo non son incompatibles e empregamos este último para dar información sobre as preferencias actuais no estándar moderno, naqueles casos en que a forma empregada polo autor presenta diferenzas ou variacións coa actual.
Tentamos, pois, recoller o tesouro léxico amasado por Ánxel Fole na súa obra literaria e facer unha análise, que pretende ser exhaustiva, desde unha perspectiva lexicográfica. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14698
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|