Os materiais didácticos e musicais en educación infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepción docente en Galicia
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/3629
Título: | Os materiais didácticos e musicais en educación infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepción docente en Galicia
|
Autor/a: | Vicente Álvarez, Rosa María
|
Dirección/Titoría: | Rodríguez Rodríguez, Xesús
|
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didáctica e Organización Escolar
|
Data: | 2012-02-02
|
Resumo: | A tese responde a unha necesidade da propia autora por comprender unha realidade que lle toca vivir de preto, como mestra de educación infantil e especialista de música na etapa de primaria.
As necesidades metodolóxicas abordadas, así como o desenvolvemento da escrita que se presenta, dividida en tres partes piares e cinco puntos que fundamentan a escrita do estudo, responden a criterios de investigación relacionados coa propia implicación da investigadora.
Os piares do estudo son a explicitación ontolóxica que rodea este traballo, relacionado coa exposición científica do suxeito, o obxecto e o contexto, a consideración epistemolóxica que responde á necesidade de procurar unha base no coñecemento científico a partir dunha análise da diversidade de estudos realizados sobre a educación musical e os materiais didácticos no noso contexto e fóra del, e o desenvolvemento dunha metodoloxía apropiada tendo en conta os piares anteriores cos que constitúe a investigación mesma.
Os puntos fundamentais responden a unha estruturación da escrita dividida en seis capítulos (os tres primeiros relatan a parte ontolóxica, o cuarto a epistemolóxica e o quinto e sexto as estratexias metodolóxicas), un preludio a modo introdutorio de todo o estudo e unhas conclusións que invitan a seguir reflexionando no mundo da percepción docente e dos materiais didácticos e musicais na etapa infantil e seguintes. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/3629
|
ISBN: | 978-84-9887-789-2
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|