A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/6261
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909‐2009) |
Autor/a: | Vázquez Morandeira, José Gerardo |
Palabras chave: | Prensa deportiva | Galicia | |
Data: | 2012-11-05 |
Resumo: | A investigación titulada “A prensa deportiva en Galicia. Historia, modelos e tipoloxía (1909-2009)” conseguiu, dende o campo de estudo das Ciencias Sociais, e máis especificamente nos das Ciencias da Comunicación e da Xornalística, localizar e clasificar todas as iniciativas de prensa deportiva creadas en Galicia ao longo do século estudado. Aínda que a comunicación deportiva está a alcanzar un notable interese como fenómeno social e económico, a súa teorización é un fenómeno recente. Concretamente o estudo dos soportes deportivos segue a ser un asunto escasamente tratado no conxunto do Estado. En Galicia, podemos falar de terreo ermo. Polo mesmo, e con máis razón tratándose dun traballo que localiza o seu obxecto de estudo no sistema mediático de Galicia, hai que subliñar o que ten de novidoso. Algo que comporta presentar campos de análise e pescuda máis abertos. Os problemas da investigación derivan do escaso avance científico que se ten feito da materia e dun considerable volume de información de carácter superficial. A investigación centrarase na evolución histórica tanto do deporte como do xornalismo deportivo, xa que ambos están fortemente entrelazados. Foron localizadas 141 publicacións deportivas tras ser analizados un total de 214 soportes. O amplo abano temporal da presente investigación permitiunos examinar distintas realidades da prensa deportiva galega -xa que logo da española-, e a súa evolución ao longo do tempo. Deste xeito, determinamos as causas e condicionantes da aparición das primeiras publicacións deportivas en Galicia, o aumento constante de cabeceiras ata 1936 ou analizamos os motivos do retroceso cuantitativo e cualitativo durante os anos da ditadura franquista. Presentamos un aumento de cabeceiras de carácter amateur nas tres últimas décadas e resaltamos os motivos que levaron á creación do primeiro rotativo deportivo de periodicidade diaria en Galicia en 1995. En definitiva, estamos ante un traballo de pescuda e catalogación de soportes deportivos, pero que, polo seu carácter multidisciplinar, tamén axuda a comprender a evolución da prensa deportiva, do xornalismo e do deporte, tendo en conta o contexto sociohistórico galego e español dos cen anos estudados. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/6261 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl