Este volume parte das conferencias lidas no Simposio Antroponimia e lexicografía organizado polo Instituto da Lingua Galega (USC) en 2016, coordinado por Ana Boullón coa cooperación de Sandra Beis Silva. Constitúe a continuación dunha serie de encontros comezados no ano 2000, coa colaboración desde o inicio do Consello da Cultura Galega.
Reúnense aquí contribucións sobre a elaboración de dicionarios antroponímicos, tanto desde unha perspectiva románica como en distintos ámbitos xeográficos (Italia, Reino Unido e Irlanda, Estados Unidos, Galicia), así como a conexión entre a antroponimia e o léxico común (a deonomástica) e sobre aspectos específicos do estudo da antroponimia galega (problemas etimolóxicos, sobre a transmisión dos apelidos e o estudo histórico dunha área concreta). Tamén se realiza por primeira vez unha aproximación ao valor simbólico dos apelidos en Galicia.
Quérese, en definitiva, con este volume, contribuír ao tratamento lexicográfico dos apelidos e afondar no coñecemento deles no noso territorio.

[Data da nota de prensa: xaneiro 2019]

Título Antroponimia e lexicografía
Edición Ana Isabel Boullón
Autoría Ana Isabel Boullón
Valentina Formoso Gosende
Consuelo García Gallarín
Patrick Hanks
Ana Iglesias
Dieter Kremer
Xosé Mª Lema Suárez
Luz Méndez
Gonzalo Navaza Blanco
Alda Rossebastiano
Limiar Ana Isabel Boullón
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Descrición física 334 p. : map. ; 24 cm.
ISBN 978-84-92923-96-0
Depósito Legal C 1942-2018
DOI 10.17075/al.2018
Url externa Catálogo RBG
Colección Ensaio & Investigación. Serie Lingüística
Materias
Áreas
Código QR
qr code