Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A rexeneración natural e rexeneración forzada da vexetación

Mercedes Casal Jiménez

  • Nunha área incendiada podemos analizar a situación seguindo a Sousa (1984), e atoparemos que o efecto do lume sobre a vexetación ten relación coa extensión e a severidade do incendio, a frecuencia do lume, a época na que acontece e o tipo de ecosistema ao que afecta (mato, bosque, monte arborado, etc.). O escenario que atopamos tras dun incendio forestal é o dun ecosistema forestal moi cambiado polo lume: moitos elementos nutrientes pérdense na atmosfera e outros moitos quedan liberados nas cinzas (o fósforo, calcio, magnesio, nitróxeno e potasio aumentan no solo queimado), aínda que a tendencia futura destes nutrientes é a descender. Esta multiplicación rápida da fertilidade pode ser aproveitada polas plantas. No ecosistema queimado o microclima tamén é diferente, con unha radiación solar elevada, con iluminación e temperaturas máis contrastadas, así como unha exposición máis forte a outros factores do medio. A área queimada é moi vulnerábel sobre todo ao impacto da chuvia, á perda e arrastre do solo por erosión pola falta de protección da vexetación. Nos terreos pouco pendentes, ou con abundantes restos de vexetación sen arder hai menos risco de erosión.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus