O emprego público local en España (1984-2006): Configuración e dinámica dunha institución errada

Javier Cuenca Cervera

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 31, 2008
Resumo

Diversos fenómenos políticos recentes evidenciaron as dificultades de consolidar nos gobernos locais do noso país unha burocracia profesional. Mediante conceptos provenientes do novo institucionalismo da Ciencia Política, este artigo parte da hipótese de que a explicación hai que buscala no peculiar momento formativo da institución, o lapso de tempo comprendido entre 1984 e 1986. Este período caracterizouse pola coincidencia dun conxunto de secuencias causais de xénese diversa que lles proporcionan un marco de incentivos aos actores institucionais e fixeron posible o enraizamento dunha serie de dinámicas inerciais que caracterizaron o seu posterior devir: elevada laboralización e precariedade, politización burocrática e incidencia de prácticas de contratación colectiva no emprego público.

Detalles do artigo

Palabras chave:
emprego público, emprego local, Ciencia Política