Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Dimensionalidade da capacidade económica nas comarcas galegas

Carlos Luis Iglesias Patiño, M. Esther López Vizcaíno, Patricio Sánchez Fernández

  • Neste artigo o obxectivo xeral que se establece é realizar unha análise exploratoria dun conxunto suficientemente amplo de variables que, nun primeiro momento, están relacionadas coa capacidade económica a nivel comarcal. Dentro deste marco xeral, en primeiro lugar, créase un indicador sintético da capacidade económica mediante unha análise de compoñentes principais que permitirá obter unha clasificación segundo diversas características combinadas. A continuación, realízase unha análise factorial para resumir e simplifica-la información das variables de caracterización das comarcas. Finalmente, lévase a cabo unha análise cluster para conseguir agrupacións das comarcas segundo criterios de homoxeneidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus