Ir al contenido

Dialnet


A colaboración entre universidade e industria no marco dos sistemas rexionais de innovación: o caso galego

  • Autores: Manuel González López
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN 1132-2799, Vol. 9, Nº. 2, 2000 , págs. 43-66
  • Enlaces
  • Resumen
    • A colaboración entre a Universidade e a industria (CUI) é un fenómeno que ten cada día maior relevancia tanto nas instancias políticas como nas académicas. Este artigo pretende analiza-lo dito fenómeno usando o marco dos Sistemas Rexionais de Innovación (SRI). Deste xeito, nunha primeira parte, definímo-la CUI como unha das compoñentes do sistema de innovación nun determinado territorio e que, polo tanto, responde ás súas características globais. Na segunda parte do artigo damos conta da CUI, referida ó caso galego, e presentámo-los resultados do estudio empírico realizado para dúas das tres Universidades de Galicia. Concluímos sinalando que a situación periférica da economía galega é un condicionante fundamental do sistema galego de innovación e, polo tanto, da colaboración que se dá entre a universidade e a industria


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno