Ir al contenido

Dialnet


O proceso de citación / sitación como medio para comprender a relevancia científica dos enlaces no contorno dixital

  • Autores: Marita O. López, María Dolores Calvo Ferreiro
  • Localización: Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006 / coord. por Margarita Ledo Andión, 2006, ISBN 84-9750-620-0 , págs. 4871-4895
  • Recoge los contenidos presentados a: Congreso Internacional Lusocom (1. 2006. Santiago de Compostela)
  • Resumen
    • Lexias e nexos debuxan unha urdidura polifónica na que se revelan novas formas de afrontar o texto, a secuencia, a organización, a lectura, a exploración, o tempo, o espazo, a autoría, a mistura de códigos verbais e non verbais. A trama, o rizoma, constrúense a través do sistema de vínculos que exemplifican unha apariencia topolóxica fragmentaria e sen límites. Internet e a World Wide Web representan a comunicación e a información universal, un sistema documental en constante ebullición e crecemento pero con zonas de alta densidade de acceso, moi poucas, e o resto, a inmensa maioría, de nula afluencia de visitas / visitantes. O establecemento dunha certa correspondencia entre a cita bibliográfica/citación e o enlace/sitación/sita, seguindo as pautas fixadas no ámbito da Cibermetría e Webmetría, determina o estudo da maraña da WWW como un ámbito de investigación. A interrelación entre sitios a partir da cuantificación dos hipervínculos externos proporcionará unha radiografía da relevancia e visibilidade das publicacións dixitais que se enmarcan dentro do ámbito da comunicación en inglés, francés e español. A descrición das conexións nodais caracterizará a riqueza deses enlaces tanto desde a perspectiva estatística como desde o contido. Trátase de examinar os enlaces externos dos diferentes nodos, co obxectivo de debuxar a rede neurolóxica de coñecementos que se establece entre as revistas científicas e de investigación do eido da comunicación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno