Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Educación e conflito

  • Autores: Pedro Ortega Ruiz
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN 1133-911X, Nº 45, 2005, págs. 27-48
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A nosa sociedade occidental padece unha evidente crise de transmisións. Os antigos criterios perderon a súa orixinaria capacidade orientadora, e os novos aínda non se acreditaron con forza suficiente para proporcionarlles aos individuos e grupos sociais a posibilidade de orientarse e situarse na estrutura desta sociedade. Nesta situación faise necesaria unha ¿nova educación¿ que sitúe o educando no centro mesmo do proceso educativo. A relación educativa non é unha relación convencional que se pode encerrar nunha linguaxe na que todos os problemas, transformados en cuestións técnicas, poden ser resoltos, controlados e dominados. A educación é en si mesma unha experiencia ética. O conflito nas aulas hase de abordar desde novos enfoques que o afasten dunha pedagoxía excesivamente centrada nas aprendizaxes cognitivas. Preparar os alumnos para facerse cargo do outro, acollelo e recoñecelo convértese nun obxectivo prioritario. Non é cuestión de recursos didácticos ou procedementos, senón máis ben de encontrar a raíz ética da acción educativa (a pedagoxía da alteridade) que nos leva a un novo enfoque ou modo de entender e facer a educación. A educación para o coidado do outro, a deferencia cara ao outro, o desenvolvemento da empatía, etc. constitúe unha pedagoxía adecuada para abordar os conflitos nas aulas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno